Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Enero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Propostas festivas para a fin de semana

    Valga Bronllo 2011 - San Antón Abade - cartel

    Traemos hoxe dúas citas festeiras máis para esta fin de semana. Por terras de Valga e non moi lonxe de alí, no concello de Dodro, haberá dúas verbenas esta noite. No primeiro concello, en Valga, concretamente en Bronllo, actúan dentro dunhas horas o grupo OCÉANO e a orquestra SINTONÍA DE VIGO.

    A poucos quilómetros, en terras de Dodro, concretamente en Bexo, outra cita festiva, neste caso cos grupos ALKAR e MASTER. A parroquia dodrense celebra así as súas festas de inverno. En Bexo saben moi ben o que é facer boas festas, non en van as súas citas do verán son das máis concorridas no concello. Esta noite os grupos contratados traerán música de verbena e seguro que novas incorporacións musicais aos repertorios.

    Dodro Bexo 2011 San Amaro - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook