Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Septiembre
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Puma Rodríguez, de La Oca a Jerusalén 2015

    Grupo La Oca 2010 - 023 - Sanxenxo Puma Rodríguez anuncia a súa marcha do grupo La Oca despois de once anos como vocalista da banda musical. O seu novo destino será a orquestra Jerusalén

    Vai ser estraño ver o grupo LA OCA sen o seu vocalista Puma Rodríguez, pois se algo ten característico o grupo de Sanxenxo, á parte do seu repertorio persoal e a súa forma de facer festa, é que nas súas filas hai moi poucos movementos ano tras ano.

    Nas últimas cinco temporadas só houbo un cambio na batería, por iso a baixa de Puma en LA OCA é toda unha sorpresa. O popular cantante seguirá, iso si, noutra formación ben coñecida, a JERUSALÉN, orquestra coa que LA OCA sempre ten boa complicidade festeira cada vez que coinciden nun campo de festas.

    Con este cambio de banda, Puma Rodríguez adiántanos que a orquestra JERUSALÉN está traballando nun novo proxecto de formación musical no que o vocalista vai depositar toda a súa ilusión para non defraudar a ninguén. Na orquestra pontevedresa vai haber moitos cambios -entre eles tres compoñentes da dianteira e un novo e grandioso escenario- o que sen dúbida será un dos proxectos máis importantes de 2015.

    Pero antes da marcha de Puma Rodríguez e que se faga efectiva a nova incorporación en LA OCA, aínda quedan dous meses de festa coa banda actual, "dun lado pra outro", cun dos grupos verbeneiros máis populares das festas galegas.

    Grupo La Oca 2010 - 004 - SanxenxoO vocalista de La Oca, Puma Rodríguez

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook