Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Quedada de seguidores de Palladium

    Orquesta Palladium - 2010 - 049 - VilalongaAlgúns músicos e cantantes da orquestra Palladium / © Fotos: roxegar 2010

    A orquestra PALLADIUM actúa hoxe na casa, nunha parroquia de Vilalonga, Sanxenxo, onde está asentada a formación musical. E aproveitando que tocan entre veciños e amigos, ofrecen hoxe a 1º Quedada de Seguidores e Fans da Orquestra PALLADIUM.

    Será a paritr das 20.30 en Gondar - Vilalonga e haberá sinatura de postais por parte dos compoñentes, regalos do novo merchandising da orquestra e, sobre todo, boa música e ganas de pasalo ben.

    PALLADIUM pouco a pouco vaise facendo un oco entre as orquestras importantes de Galicia, grazas ao traballo constante, ganas de superación e iniciativa de músicos e cantantes, o traballo dirixido por Ricardo Blanco (voz e responsable da orquestra) vai por bo camiño e asina cada temporada resultados moi positivos. Hoxe toca celebralo cos máis importantes, os seguidores da orquestra. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook