Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Queima da cabra vella e verbenas en Calo

    orquesta-galilea-2010-cartelOito formacións musicais, entre elas Galilea, amenizarán as festas do San Xoán en Calo (Teo)

    No concello de Teo, concretamente en Calo, xa está todo preparado para as festas do San Xoán un ano máis. Unha das citas máis importantes, á parte das verbenas, é a chamada Queima da cabra vella. Á medianoite en moitos lugares de Galicia prenden as cachelas ou lumeiradas. Tamén en Calo, con este nome, ou en Covas (Viveiro) co Foleón. Como se do Entroido se tratase, hai tamén para a noite meiga do San Xoán distintas denominacións.

    E en canto á música de festa; coa Queima da cabra vella comezarán as verbenas. O 23 tocará unha grande orquestra que está sen determinar no programa. As formacións VERSALLES e PONTEVEDRA serán as encargadas de tocar no día grande e aínda haberá outras dúas xornadas máis de festa: CASABLANCA e GALILEA (sábado) e o domingo.

    O cerre das festas en Calo non podía ser máis espectacular. Tres formacións despedirán o San Xoán na parroquia pertencente ao concello de Teo: XENTE NOVA, FOLIADA e o grupo OCÉANO. As festas de Calo seguen a ter tirón, e non é para menos con este cartel.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook