Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Quen queira caldo quente... que vaia a Mourente!

    Pontevedra 2014 - XXIII Festa do Caldo Galego de Mourente - cartelA Festa do Caldo de Mourente, nas aforas de Pontevedra, chega á súa XXIII edición

    Catro formacións musicais amenizan dous días de festa en Mourente

    Este ano a parroquia de Mourente, no concello de Pontevedra, ofrece a XXIII Edición da Festa do Caldo Galego, organizada pola Asociación de Veciños do Castro. Para a celebración do evento instalaranse, como vén sendo habitual, dúas grandes carpas con mesas e cadeiras para dar cabida a todos os asistentes.

    En canto ao apartado gastronómico, a carne de porco será acompañada con tenreira, orella, lacón, panceta, chourizos, patacas e grelos. Servirase nunha cazola serigrafiada, todo isto polo módico prezo de 2 € a cunca e 5 € a cazoliña, que os asistentes poderán levar como recordo.

    A edición deste ano contará coa actuación de varias formaciçons musicais como son, o sábado, NEVADA e ALCÁZAR, e o domingo, D'MOMENTO e o trío CALIBRE. Quen queira caldo quente, que vaia a Mourente!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook