Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Remember Tour 2013, un cuarto de século de Panorama

    Orquesta Panorama 2013 - Festival Kull - cartel

    25 anos para unha persoa non son moitos, é verdade, mais para un proxecto verbeneiro son abondos, tendo en conta que moitas orquestras e grupos quedan polo camiño e non poden acadar esa idade nin moito menos. Temos exemplos de que se poden cumprir 25 anos polos campos da festa e 50 tamén, que llo digan a PARÍS DE NOIA, COMPOSTELA, POCEIRO ou LOS SATÉLITES entre outras. Pero que algunhas cheguen así de ben a esta idade non quita que a batalla sexa dura.

    Este 2013 é o 25 aniversario dunha das orquestras máis mediáticas de Galicia: PANORAMA fai un cuarto de século polas nosas festas e romarías, e parece que o aniversario lle chega no seu mellor momento se temos en conta o número de seguidores, a asistencia ás súas actuacións, o caché, etc. Non se pode negar que é unha das orquestras máis coñecidas e máis seguidas na verbena galega, e por iso desde a formación musical, conscientes disto, queren sorprendernos unha vez máis cun espectáculo fóra do común, nova posta en escena, novo repertorio, montaxe de estrea -din que nun dos escenarios móbiles máis grandes do momento- e o toque "Panorama" ao que xa nos teñen afeitos.

    Con algunha novidade nos compoñentes, pois Lydia Salar foi baixa ao remate da temporada anterior, a orquestra disponse a partir de hoxe a seguir escribindo unha páxina da historia verbeneira de Galicia. Comeza hoxe unha nova temporada con case 200 actuacións por diante para que ningunha comarca de Galicia quede sen coñecer o novo espectáculo.

    Remember Tour 2013 arranca hoxe en Amio, no festival que organiza unha discoteca. Cunha entrada de 5 € -incluído aparcadoiro- e carpas xigantes para cubrir o espazo das inclemencias meteorolóxicas, é a primeira gran cita coa orquestra caldense.

    Mañá en Escarabote (Boiro), xa con entrada libre ao recinto de festas e acompañada por ACHÉ e MARBELLA, despois Nogueiró (Ourense), o luns de novo Santiago, esta vez nas celebracións da Festa da Uña, a onde PANORAMA acode desde hai xa varias temporadas para cerrar tres días de troula, e un longo etcétera do que iremos informando puntualmente como vimos facendo estas últimas temporadas.

    Actuacións en televisión, Gala contra o Cancro e moitas outras sorpresas nos esperan un ano máis con PANORAMA. E postos a pedir, a ver se nos sorprenden cunha gala 25 aniversario (como a de hai cinco anos en Ordes para celebrar os 20 anos) onde poidan xuntar o maior número posible de ex músicos e ex cantantes da orquestra; por que eles son tamén a historia de PANORAMA, que empezaba en Caldas de Reis cunha pequena furgoneta hai 25 anos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook