Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Renovación importante de músicos en Samba 2014

    Samba 2012 - grupo - cartelO grupo Samba renóvase de cara á nova temporada. Permanecerán na formación musical Manuel García Lajo (segundo pola esquerda) e as voces, Estela Rodríguez e Chedy de León (centro do cartel).

    O grupo SAMBA é unha desas pequenas formacións que pouco a pouco e grazas ao seu traballo se foi facendo un oco importante no mundo da verbena en Galicia. Sobre todo nestas tres últimas temporadas a banda fíxose moi coñecida nos campos de festa co seu repertorio dedicado a todos os públicos e o seu bo facer nun escenario estreado hai tres temporadas; agora, de cara á nova xira, SAMBA levará a cabo unha profunda renovación nos músicos (non nas voces) e anúncianse sorpresas para o novo ano festeiro.

    No grupo formado por seis músicos e cantantes só permanecerán tres: Chedy de León (voz) e os dous socios propietarios, Manuel García Lajo (teclados) e Estela Rodríguez (voz). Son baixa, polo tanto, os outros tres compoñentes, Martín Almeida (guitarrista que se incorporará a CICLÓN), Kinso (baixista) e Diego Puga (flamante fichaxe de GRAN PARADA na batería).

    Pronto saberemos as novas incorporacións de SAMBA para 2014. Un grupo que estamos seguros de que seguirá crecendo e ofrecendo boa festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook