Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rianxo: o chupitaso abre unha das mellores festas de Galicia

    Rianxo 2011 - Festas da Guadalupe- cartel

    Ata o próximo xoves terán lugar as festas da Guadalupe en Rianxo e, por se fose pouco, o venres Festa da Mocidade con DJs e dúas grandes orquestras

    O mes de setembro ten marcadas algunhas das mellores festas de Galicia: A Barca de Muxía, o Nazareno da Pobra, a Virxe da Saleta en Cea, e... como non, a Guadalupe de Rianxo, unha das principais celebracións galegas que este ano trae algunhas novidades.

    Desde hoxe venres e ata o vindeiro xoves celebraranse as festas máis importantes de Rianxo e posiblemente do Barbanza; ou polo menos as de máis tradición. Numerosos actos, concertos, verbenas, a feira mariñeira, os fogos de artificio, procesións e, o último día, a celebración das bengalas, un dos actos máis emotivos, que fan a Rianxo centro do universo festeiro por uns minutos.

    Rianxo 2011 - Festas da Guadalupe - programaTrece orquestras para a Guadalupe e dúas para a Festa da Mocidade do próximo venres. Espectacular cartel verbeneiro en Rianxo

    As orquestras comezarán a desfilar pola praza Castelao o sábado e ata o xoves. Todos os días dúas formacións musicais e tres o último día, como é tradición: OCÉANO e SALSA ROSA (sábado), MASTER e PANAMÁ (domingo), ABANICO e GRAN PARADA (luns), PALLADIUM e PHILADELPHIA (martes), CINEMA e ACHÉ (mércores) e para rematar o xoves ORQUESTRA DA TV NORDÉS, SOLARA e PANORAMA.

    Rianxo 2011 - Festas da Guadalupe - Rock in Rian - cartelA Comisión de Peñas Juadalupeñas organiza o chupitaso con música dunha discoteca móbil, o ROCK IN RIAN do sábado e a Festa da Mocidade do próximo venres

    E aquí está a principal novidade, o recorte de 1 día que fai que a última xornada se pase a celebrar o xoves e non o venres, como viña sendo habitual. De todos os xeitos non deixa de ser un simple cambio técnico, pois o venres volverá haber festa en Rianxo, esta vez non na praza Castelao senón abaixo nas inmediacións do Auditorio, en terreos portuarios. Dúas grandes orquestras e algúns DJs de renome darán vida á primeira Festa da Mocidade, organizada polas Peñas Juadalupeñas. De novo a orquestra PHILADELPHIA estará en Rianxo tres días despois da súa primeira cita en Rianxo, pero esta vez acompañada da PARÍS DE NOIA, polo que a festa estará garantida e volverá a rexistrar, ben seguro, cifras de asistencia similares á xornada anterior.

    Rianxo 2011 - Festas da Guadalupe - Feirón Mariñeiro - cartelO Feirón Mariñeiro de 1911 é outro dos actos principais e máis vistosos da Guadalupe

    A feira mariñeira de 1911 (mércores), circo na rúa, charangas, bandas de música, djs, a actuación da CÉ ORQUESTRA PANTASMA, hip hop, bailes de salón, etc... completan o cartel de Rianxo para esta Guadalupe 2011. Un cartel de grandísimo nivel en todos os aspectos e que, un ano máis eleva as festas de Rianxo ao máis alto e converte a vila mariñeira en punto de mira durante sete días.

    Festa a Festa intentará estar en varias xornadas festeiras da Guadalupe, e desde o Barbanza animamos a todos aqueles que aínda non coñezan estas celebracións, a visitar Rianxo calquera dos días de festa (especialmente o xoves), e aos nosos veciños rianxeiros desexarlles moi boa festa da Guadalupe!!!

    Toda a información na páxina web das festas: guadaluperianxo.org

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook