Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ribadeo celebra a primavera coa xira do Sol

    Ribadeo 2012 - II Festival Música en primavera - cartelDespois do éxito da temporada anterior desta iniciativa promovida pola Comisión de Festas de Ribadeo, este 2012 tráenos a segunda edición deste festival coa actuación da orquestra PANORAMA presentando o seu MAGIC TOUR 2012 La gira del Sol.

    No aparcadoiro municipal da localidade non quedará un centímetro libre para ver, gozar e bailar coa formación musical que parece que cada ano se supera a si mesma. Temas de gran vistosidade pero tamén outros máis verbeneiros para bailar e as últimas novidades en radio fórmula son as principais características do repertorio de PANORAMA, aderezado cun espectáculo que moi poucas formacións de verbena ofrecen nestes momentos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook