Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ribeira 2011: A Centenaria rebenta en festas

    Ribeira 2011 - Festas do Verán - cartel

    FESTA A FESTA, desde Ribeira para toda Galicia

    A capital do Barbanza, Santa Uxía de Ribeira, comeza hoxe as súas Festas do Verán. Un programa moi atractivo e cheo de actividades e música de todos os estilos.

    Toda a fronte marítima da localidade ribeirense está tomada polas atraccións de feira que, coma sempre, ocupan desde o Malecón ata a entrada da lonxa creando un dos recintos feirais máis importantes en Galicia. A oferta de carruseis e demais aparellos é moi ampla, desde todos os clásicos infantís: barca, scalextric, baby, camas elásticas, trampolín, dragón, tren popof, autos de choque, motocicletas, karts, búfalo infantil, etc, ata as dos maiores: saltamontes, nube, explorer, noria, viking show, barco pirata, búfalo ou o xa coñecido boomerang que este ano dá a volta completa deixando boca abaixo ao público.

    Pola súa banda, a praza do Concello, o Malecón, o parque García Bayón e a praza do Rueiro (nova Praza de España) serán os escenarios musicais para a edición 2010 que levará a maioría dos días ata tres actuacións diferentes.

    Ribeira 2011 - Festas do Verán - cartel (2)

    Comezan xa unhas das festas de máis sona no Barbanza e cada vez con máis tirón grazas a un potente programa musical que inclúe música dalgunha das consideradas mellores orquestras galegas, un concerto pop a cargo do exitoso grupo EFECTO MARIPOSA ou do cantautor AMANCIO PRADA. Na edición deste ano tamén se fai unha clara aposta pola música da terra con tres actuacións de renome como son: LUAR NA LUBRE, SUSANA SEIVANE e SINIESTRO TOTAL.

    E se hai que falar de orquestras, nomes moi coñecidos os que se darán cita no Malecón ribeirense ou no parque García Bayón: ABANICO (que abre as festas), OLYMPUS, GALÁCTICA, SALSA ROSA, LA BÁMBOLA e TANGO. Destacar tamén o espectáculo O BAILE DE ARDEBULLO (Nucha e Mucha) que chega o sábado á localidade despois da gran sesión de fogos artificiais.

    Tamén teñen cabida os denominados Concertos da Mocidade coa actuación de grupos como AREAVASTA, EL LLANTO DE UN LOCO, TEVRA, HUGO TORREIRO, BELFAST, FITO Y FRIKIPALDIS ou ENTRELÍNEAS.

    Desfile de carrozas, sardiñada popular, procesión marítima (recupérase despois de moitos anos), actuación de monicreques, RIVEIRALANDIA e Festa da escuma... son outras das actividades que completan o programa de festas en Ribeira. Seis días de troula despois da Dorna, para non perder o costume…

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook