Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ribeira, cidade mariñeira do Barbanza

    Ribeira 2011 - V Feira artesanal e Mariñeira - © Foto certo.es

    Numerosas actividades, espectáculos de animación e postos de venda nunha feira que se está a consolidar en Ribeira e xa vai pola 5ª edición / © Foto: certo.es 2011

    A CENTENARIA SEGUE DE CELEBRACIÓNS

    Despois da Dorna, da Festa da Navalla e das Festas do Verán, en Ribeira aínda hai máis propostas lúdico festivas

    Información tomada do xornal dixital certo.es

    A Feira Artesanal e Mariñeira iniciou esta tarde a súa quinta andaina cun animado e xenuíno pregón inaugural no que o grupo árabe-andaluz Al-Folk se encargou de poñerlle cor e orixinalidade ao acto, acompañado do grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira. Co corte da cinta inaugural polo alcalde deuse o pistoletazo de saída a tres días repletos de ducias de actividades de sabor mariñeiro e un cento de postos expositivos de variada temática.

    Hai stands procedentes de lugares como Francia, Portugal, Marrocos, Arxentina, Brasil, Cuba, India e de boa parte de España como Andalucía, Valencia, Cataluña, Asturias, Estremadura, A Rioxa, Castela A Mancha, etc... distribuídos polo Malecón, a praza do concello e zonas peonís como as rúas Santa Uxía ou Galicia. Entre as novidades da feira cabe destacar un concurso de escaparatismo de temática artesanal e mariñeira (participarán sete establecementos), unha ruta de tapeo mariñeiro (os bares e cafeterías inscritos poñen a disposición dos clientes tapas realizadas con produtos do mar) e unha ruta de cócteles da feira (que ofrece a posibilidade de degustar un cóctel propio e único en cada establecemento participante, todos eles con nomes mariñeiros: dorna, galerna, rompente mariña... e así ata 20 cócteles). En canto aos elencos que se encargarán de animar as rúas durante a feira, cabe destacar entre eles Confusión de Toledo (con ogros xigantes, figuras...), Al-Folk (formación musical arábigo-andaluz), o grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira, Bom-Bom (teatro ambulante, encantadores de serpes...), Tuttis Catraputtis (grupo de música tradicional portuguesa), Cenáculo Teatro (circo e animación de rúa), Pista Activa (acrobacias, clown, malabares...), A Roda (circo) e Atraspies Circo (espectáculo circense). A praza Pablo Neruda acollerá un rincón infantil con obradoiros de reciclaxe, pintura ou pinta caras; catapulta e tirachinas, xogos de época, tira monos, obradoiro de barro e alfarería, conta contos, batea medieval, bandeiras mariñeiras, xogo da pesca e un longo etcétera.

    Moitos establecementos organizan outras actividades paralelas como concertos, exposicións, menús mariñeiros, conxuros de queimadas... que lle conferirán máis sabor á celebración.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook