Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ribeira e Palmeira baixaron o pano ata 2011

    Orquesta Olympus - 2010 - 0064 - Parada (Ordes)A Olympus abriu as festas en Ribeira que acabaron onte cos Trovadores. Oito orquestras populares, tres bandas folk, unha orquestra de acordeóns e dous concertos foron o máis destacado do apartado musical ribeirense

    Acaban de cerrarse as festas de Ribeira, e xa o domingo tamén as de Palmeira, no mesmo concello. As ribeirenses baixaron o pano ata o ano que vén da man da orquestra LOS TROVADORES. Outras formacións como OLYMPUS, PARÍS DE NOIA, CICLÓN ou AMÉRICA SL tamén pasaron polos distintos escenarios da capital do Barbanza. Moita xente en todas as noites de verbena, especialmente o primeiro día con OLYMPUS, o xoves con PARÍS DE NOIA, BROTHERS IN BAND e RITMO JOVEN, e o sábado con CICLÓN e o concerto de AMAIA MONTERO que provocou un caos circulatorio importante e mesmo caravanas de acceso pola avenida de Ferrol cara á praza do Rueiro, onde tiña lugar a actuación.

    E Palmeira celebrou tamén as súas festas coincidindo coas grandes de Ribeira. Para intentar mitigar un pouco o cartel de Ribeira, con CICLÓN, A RODA e AMAIA MONTERO á parte da espectacular sesión pirotécnica, os veciños de Palmeira contrataron para o sábado a orquestra cántabra HOLLYWOOD, pero a famosa formación musical non tocou, creando un malestar importante entre os de Palmeira, como é lóxico.

    A versión da Comisión de festas é que non quixeron tocar non saben por que razóns, que puxeron a desculpa do vento para poder montar o escenario de 12 metros de alto. A orquestra, pola súa banda, di que eles ofreceron tocar co escenario a media altura e que a comisión se opuxo. Desde a formación musical aluden que os primeiros prexudicados foron eles, perdendo o caché dese día e os cartos que implica o traslado desde Cantabria (aproximadamente 13.000 euros en total).

    Desde Festa a Festa expoñemos simplemente a situación e non nos poñemos de lado de ningunha das dúas partes por descoñecemento do que alí pasou. Lamentamos moito o sucedido porque houbo xente incluso de Ribeira que, en plenas festas da cidade, se trasladou á localidade do lado para ver a orquestra cántabra.

    Con todo, en Palmeira os outros dous días si se levaron a cabo as actuacións previstas (OSIDEA e MANHATTAN o venres e ASSIA o domingo, cerrando as festas xunto cunha bonita sesión de fogos de artificio. O sábado, aínda así, o grupo SON LATINO, actuou o dobre do tempo que lle correspondía para non deixar a Palmeira sen festa o día grande, máxime co retumbe de fogos artificiais de Ribeira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook