Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Rock e bailoteo nas festas de Cambre

    Cambre 2011 - Festas de Santa María - cartelRock in Cambre e verbenas, coma sempre, o máis destacado das festas da localidade coruñesa. Cambre tamén recorta en orzamento para as celebracións pero aínda así ofrece un programa festivo moi digno para os tempos que corren. Hai recorte nalgunhas actividades pero mantéñense as verbenas (aínda que haberá menos que outros anos), e este ano as encargadas de amenizar as noites de festa cambresas son CAPITOL (que abriu onte as verbenas), SOLARA (que actúa a noite do día 15 e LOS TROVADORES (o martes 16 para cerrar as festas).

    Cambre 2011 - Rock in Cambre - cartel

    Destacar tamén o Rock in Cambre, que se celebra esta noite e cumpre xa o seu 20 aniversario. Como artistas destacados estarán os compoñentes do carismático grupo MÄGO DE OZ. Completan o cartel FRACASADOS DE ANTEMANO e COYOTE EXPRESS.

    Cambre 2011 - Festas de Santa María - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook