Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Romaría de primeira en Muxía

    Muxía 2011 - Romaría de San Roque en Moraime - cartelFoi o primeiro cartel que nos chegou a Festa a Festa das romarías e celebracións de 2011. Aínda corría a pasada edición festeira cando chegaba xa cerrado o programa da Romaría de San Ramón en Moraime (Muxía). Xa daquela afirmabamos que a cita era importante e as orquestras, de primeira. E por se xa non vos lembrades das formacións que hoxe estarán por terras de Muxía, serán os compoñentes de ACHÉ e EL COMBO DOMINICANO, dúas formacións que varren cifras de asistencia cada día maiores.

    E, como en toda romaría que se precie, o programa ofrece variedade de actos lúdicos e festivos que podes consultar no cartel, aínda que mellor será que poidas participar nesta fantástica xornada festiva en Moraime.

    Ah, sabemos que xa se está facendo o cartel de 2012; son previsores os veciños de Moraime e pronto poderemos saber que dúas orquestras estarán o vindeiro ano na romaría, mentres tanto, ACHÉ e EL COMBO DOMINICANO serán os responsables de asinar hoxe unha festaza na parroquia de Muxía.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook