Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Romaría pasada por auga

    Vilanova de Arousa - Baión - Romaría de San Simón - cartelSeis grandes orquestras amenizarán a romaría de San Simón, en Baión, Vilanova de Arousa

    Outro ano máis chegamos ás datas nas que ten lugar unha das romarías máis multitudinarias da provincia de Pontevedra: o San Simón en Baión, no concello de Vilanova de Arousa. Para a ocasión a comisión de festas contratou a seis grandes orquestras da axencia de espectáculos Lito: ABANICO e JERUSALÉN (para a primeira xornada, venres), CHARLESTON BIG BAND e PONTEVEDRA (para a noite do sábado), GRAN PARADA e GALILEA acompañadas do dúo COLORES (para o cerre da romaría). Só hai un par de cambios con respecto das orquestras que actuaron o ano pasado.

    As previsións do tempo non son nada boas para ningún dos días de verbena e ata luns a chuvia e o vento intentarán estragar as celebracións de Baión e outras moitas, sobre todo magostos, programados para a fin de semana de Santos.

    E en Baión, como en calquera romaría que se precie, ademais das verbenas importantes, haberá ao longo da estrada postos de comida, bebida, artesanía, etc, como cada ano, polo que convén circular con precaución pola estrada que vai de Vilagarcía de Arousa a Pontevedra ao seu paso pola capela de San Simón.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook