Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ruth Núñez dá a sorpresa do verán

    Orquesta París de Noia - 2009 - 001 - CambreA cantante das dúas últimas temporadas pasadas da París de Noia, Ruth Núñez, ficha pola orquestra Lamas /© fotografía: roxegar 2009

    No medio da temporada anual de orquestras é moi raro que se produzan fichaxes ou cambios entre as agrupacións musicais. Cos cadros de persoal cerrados e as contratacións asinadas, os repertorios adaptados e todo listo para que a campaña sexa todo un éxito, é moi difícil que se dean cambios nas orquestras a estas alturas de xullo entrando agosto.

    Pois sempre hai excepcións e desta volta a protagonista é Ruth Núñez, cantante en 2008 e 2009 da PARÍS DE NOIA, de baixa por maternidade, que xa é a flamante nova incorporación da orquestra LAMAS.

    Ruth causou baixa na orquestra noiesa e deu paso á incorporación de Jessica Santín, procedente de CINEMA (e anteriormente de VERSALLES). Non parecía que volvésemos ver a Ruth ata 2011 subida aos escenarios, da PARÍS ou doutra, pero a realidade é que a orquestra LAMAS acaba de confirmar na súa páxina web a nova fichaxe. Moito vai dar que falar a nova incorporación (para ben, por suposto) e vai ser un valor engadido importante para a agrupación musical.

    Orquesta París de Noia - 2009 - 002 - CambreRuth interpretando un tema de exhibición vocal o día 15 de agosto, coa París de Noia nas festas patronais de Cambre / © fotografía: roxegar 2009

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook