Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Samba e Panorama esta noite coa xuventude cambresa

    Samba 2011 - grupo - cartelO grupo Samba actuará en Santa María de Vigo xunto coa Panorama na III Festa da Xuventude

    A localidade de Santa María de Vigo, no concello coruñés de Cambre, celebra a súa Festa da Xuventude, que vai xa pola terceira edición.

    Para a nova cita festeira en Cambre, contarase coa actuación do grupo SAMBA, unha formación musical que vai a máis, con repertorio tipicamente verbeneiro e actualizado, e a incorporación este ano de Álex Costas, para darlle outro toque a SAMBA 2011.

    Ademais do grupo musical pontevedrés, chega a terras cambresas a orquestra PANORAMA, que presentará a súa xira Planet Tour 2011. Moitas novidades traerá esta nova temporada a afamada orquestra. Algunhas das novidades preparadas presentaranse ao longo desta fin de semana na que tamén terá lugar a Festa de Fans 2011.

    Hoxe na cita de Santa María de Vigo sortearanse, por se fose pouco, tamén haberá unha gran churrascada a partir das 20.00 horas e sortearanse 300 euros durante o transcurso da festa. Tres anos van xa desta cita coa xuventude, e parece que segue gozando de boa saúde. Esta noite SAMBA e PANORAMA farán unha festa de primeira.

    Panorama 2011 - orquesta - cartel Planet TourCartel promocional do Planet Tour 2011 da orquestra Panorama

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook