Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Samba pasa pola Radio Galega

    O grupo SAMBA case ao completo acompañados do presentador do programa, Marcial Mouzo, e de Jorge Menéndez, da orquestra Jerusalén

    A pasada noite foi especial na Radio Galega. O programa da madrugada Pensando en ti, presentado por Marcial Mouzo e que os venres conta coa colaboración de Jorge Menéndez da orquestra JERUSALÉN, contou coa presenza case ao completo do grupo SAMBA de Caldas de Reis.

    Os amigos de SAMBA presentan estes días nova temporada. Hai unha semana facían a súa primeira data no escenario con nova montaxe de iluminación, hai un par de días presentaban a nova imaxe e a pasada noite pasaban pola Radio Galega para presentar novidades.

    A noite foi longa (ata as 6 da mañá) e moi entretida, con temas en directo de Chedy de León, varios de Estela Rodríguez, que interpretou por primeira vez un tema de Rocío Jurado e deixou no aire a posibilidade de facer algo relacionado no espectáculo deste ano, e un tema interpretado a dúo por Estela e Jorge. As tres voces tamén improvisaron un tema de Maná, a petición dun oínte, entre outros temas.

    Manuel García Lajo, teclista e responsable do grupo, adiantou que SAMBA está preparando novo traballo discográfico composto por cancións de sempre e temas de rabiosa actualidade, que pretende marcar a liña a seguir de SAMBA 2014 e probablemente das próximas temporadas.

    Sempre é un pracer escoitar a SAMBA e foi moi grato escoitalos acompañados de Jorge Menéndez no programa da RG. Esperemos que sexa a primeira de moitas veces!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook