Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Hadrián trae a festa a Galicia

    D'Moda 2011 - grupo - cartelO grupo D'Moda actuará o venres en Corme e o domingo en Malpica celebrando o santo Hadrián, en ambas festas estará acompañado doutras formacions musicais

    O día de Santo Hadrián (ou Adrián, que en galego se pode escribir con h ou sen ela) trae algunhas citas festeiras importantes; sobre todo pola Costa da Morte onde ten o seu santuario Santo Hadrián do Mar, en Malpica.

    En Sofán (Carballo), concretamente no lugar da Piña haberá verbena coa orquestra SUPER STAR. En Toba (Cee), tamén na Costa da Morte, serán o grupo LA OCA e a orquestra PANORAMA os que amenicen a verbena do día grande.

    En Corme tamén haberá festa durante nada menos que tres días. Comezarán mañá venres da man da orquestra LOS PLAYER'S e do grupo D'MODA, e continuarán o sábado con COSTA AZUL e a orquestra FUTURO, que este ano aposta por traballar máis por terras galegas. O domingo srá a última verbena da man dunha orquestra por determinar.

    E o grupo D'MODA repetirá en Malpica, no día grande do San Hadrián, esta vez estará acompañado da orquestra ALIANZA. O día antes xa comezarán as verbenas da man de dúas potentes orquestras: CANADÁ e ISMAEL.

    En Cerceda tamén haberá festas, aínda que non son de Santo Hadrián senón da Virxe do Carme. Concretamente en Queixas, onde xa celebraron hai pouco a Festa da Xuventude e teñen outras festas máis a principios de setembro, esta vez toca festa da man das seguintes formacións musicais: Venres LA BÁMBOLA e sábado MANILA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook