Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Marcos leva a música a Noia

    Noia 2012 - Feira de San Marcos - cartelNoia está de festas. Son as patronais, o San Marcos. As celebracións deste ano están compactadas en dous bloques de dous días de festa nos que poderemos gozar dun par de concertos e catro verbenas.

    En canto ás verbenas dúas son as orquestras escollidas para este ano: JERUSALÉN, que chega á vila mariñeira co seu novo espectáculo nun ano crucial para a formación como é a celebración do seu X aniversario, e PARÍS DE NOIA, que non podería faltar ás festas da súa vila. Xa na fin de semana, pagadas polos hosteleiros da vila, haberá outras dúas verbenas a cargo dos grupos SAMBA e LIMÓN (o venres 27 e sábado 28 respectivamente).

    Xunto con elas haberá concertos os dous días de festa; BLACK STONES xunto con JERUSALÉN para o primeiro día e CREBINSKY xunto coa orquestra da casa para o día grande de San Marcos. Achegamos toda a información das feiras de San Marcos de Noia para que, se queres, poidas gozar de todas as actividades. O programa só fai referencia aos dous días patrocinados polo Concello, pero na fin de semana haberá algún evento máis á parte das dúas verbenas xa mencionadas.

    No verán as celebracións volverán a Noia coa Feira Medieval e as Festas do Verán.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook