Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Xurxo por todo o alto en Rioaveso

    Marbella 2012 - orquesta - cartelMarbella será unha das cinco formacións musicais que amenizarán as verbenas en Rioaveso

    Mal data para San Xurxo este ano. Ao coincidir a luns a maioría das celebracións deste santo en Galicia pasan para a fin de semana. É o caso da localidade vilalbesa de Rioaveso, que durante tres días celebrará as súas festas patronais, e por todo o alto, a pouco que nos fixemos no cartel presentado para esta edición.

    As orquestras PHILADELPHIA e MARBELLA serán as encargadas de abrir as celebracións de 2012 na noite do venres. Para a segunda xornada festeira (sábado) contarase con dous pesos pesados do espectáculo verbeneiro, CHARLESTON BIG BAND e PARÍS DE NOIA. Xa ao mediodía haberá unha sesión vermú a cargo dun grupo musical. O domingo será a orquestra XENTE NOVA a encargada da sesión vermú e da última verbena.

    Un cartel máis que digno para os tempos que corren!

    París de Noia 2012 - orquesta - cartelParís de Noia amenizará coa orquestra Charleston Big Band a segunda xornada festiva

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook