Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Santa Comba celebra o San Pedro por todo o alto

    Costa Oeste - 2010 - 011 - Rianxo

    A orquestra Costa Oeste acompañada do grupo Limón cerrará o próximo venres as festas de Santa Comba que comezaron hoxe coa actuación da Sintonía de Vigo e Jerusalén

    A localidade de Santa Comba celebra durante tres días as súas festas máis grandes. O San Pedro trae a música de seis formacións musicais moi coñecidas. A orquestra SINTONÍA DE VIGO, con cambios no repertorio na súa segunda parte, e a JERUSALÉN coa súa xira De tú a tú, foron as primeiras en actuar esta noite no primeiro día de celebracións.

    LA OCA e PALLADIUM, as formacións musicais de Vilalonga, que volverán coincidir o venres nas festas da vila pontevedresa, actuarán na noite do xoves en terras de Xallas. E para rematar, a orquestra COSTA OESTE acompañada polo renovado grupo LIMÓN, poñerán o broche final en Santa Comba. Festas grandes e moi estimadas en toda a comarca, que durante tres días vibrará coa música de seis bandas non menos recoñecidas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook