Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Santa Xusta é unha festa

    Moraña 2012 - Festas de Santa Xusta - cartelSanta Xusta promete ser unha das citas festeiras máis concorridas da zona

    En Moraña a Santa Xusta é unha celebración de gran sona. Durante catro días de festa (tres deles con verbenas) a localidade pontevedresa será o centro de atención festeira da zona, con algunhas orquestras de recoñecido prestixio e outras que se van facendo un oco na verbena galega grazas ao seu traballo e repertorio de baile.

    Se a festa xa comezaba o luns coa actuación da banda de música NOVA LIRA, que tocaba na casa, a partir do martes e ata o xoves a verbena será a raíña da festa: TAMBO e JERUSALÉN (martes), MAGOS DE ESPAÑA e PANORAMA (mércores) e MANILA e CHARLESTON BIG BAND para rematar o xoves son as actuacións para esta edición 2012 que promete ser moi concorrida. En Santa Xusta sábese facer festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook