Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Santo Antón leva dous días de festa a Agualada

    El Combo Dominicano 2013 - orquesta - cartelA orquestra canaria El Combo Dominicano xa está en Galicia desde o 31 de maio

    A localidade de Agualada, en Coristanco, celebra hoxe xoves e mañá venres as súas festas máis importantes. O Santo Antón de Agualada ten moita sona na comarca e congrega cada 13 de mes numerosos fieis na súa capela, en pleno centro da localidade. Pero o 13 de xuño é, se cabe, máis importante, e por iso hai que celebralo de xeito diferente. As orquestras EL COMBO DOMINICANO e VERSALLES actuarán hoxe, e deixarán bo sabor de boca para continuar mañá coas celebracións, da man da coruñesa CENIZA e ACHÉ, desde Vilanova de Arousa.

    As orquestras xa anticipan o que será a temporada alta do ano, a quince días do mes de xullo xa podemos gozar dos espectáculos de ACHÉ ou o repertorio renovado de EL COMBO DOMINICANO, que presentaba xira o pasado día 31 nas festas grandes de Burela. As coruñesas CENIZA e VERSALLES tamén ofrecen novidades e novos compoñentes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook