Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sardiñas pasadas por auga

    A Coruña 2013 - Sardiñada de San Xoán - cartel Nin cambiando o día, a sardiñada programada para hoxe como parte do San Xoán na Coruña van estar pasadas por auga. Se xa o pasado domingo no Parque de Santa Margarita houbo que comer as sardiñas con paraugas ao ritmo da orquestra GRAN PARADA hoxe vai haber que facer o propio con cambio ritmo. Esta vez da man da orquestra GARIBALDI no Peirao de Transatlánticos do porto da Coruña.

    As sardiñadas, as verbenas (GRAN PARADA e hoxe GARIBALDI á parte da que haberá a noite da Queima con CINEMA e PANORAMA) e os concertos, son as tres bases fundamentais no San Xoán da Coruña. Desde a organización esperan que se acheguen na noite do 23 ao paseo marítimo e ás praias Riazor-Orzán da cidade herculina máis de 140.000 persoas.

    En canto aos concertos, se ALEJANDRO SANZ era o primeiro en actuar a pasada fin de semana, os seguintes serán HOMBRES G e o BIPOLAR FEST con grupos de distintos estilos musicais. Só falta, para unha festa redonda, que acompañe o tempo, e as predicións apuntan a unha estabilización a partir do sábado. Esperemos que así sexa!

    SAN XOÁN A CORUÑA

    HOXE 20 DE XUÑO Orquestra GARIBALDI Lugar: Peirao de Transatlánticos Horario: 19:00 h. 21 DE XUÑO HOMBRES G Lugar: Praza de María Pita. Horario: 22:00 h.

    21 e 22 DE XUÑO BIPOLAR FEST Jacobo Paz y Dos Mundos / Seissenseis / César Decenti / Ámbito Kinitoh / Yul / Forni / Arte en Tinta / Al Vila / 11007 / Kabo Norte Squad / O neno da rúa / Jessi / Durgin / Dejota Trape / Pablo Añón / Revolujoin / 3 Ases. Lugar: Parque de Santa Margarita. Horario: 20:00 – 02:00 h.

    23-24 DE XUÑO VERBENA NOITE DE SAN XOÁN orquestras CINEMA e PANORAMA Lugar: Paseo Marítimo Horario: 21:30 – 04:45 h.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook