Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Semana grande en Melide

    E cando poñemos semana grande, queremos dicir semana, porque de domingo a sábado en Melide vai reinar a festa con maiúsculas. O concello coruñés xa está preparado para acoller a semana festeira máis importante do ano.

    Serán sete días dunha completa e variada programación de música popular, as mellores bandas e orquestras de Galicia, pasarrúas e programación infantil todas as tardes, con teatro, contacontos, etc.

    PROGRAMA COMPLETO

    orquesta-gran-canaria-2010-cartel1

    A orquestra Gran Canaria está entre as formacións que actuarán este ano nas festas de Melide. O curioso é que todas son da mesma oficina salvo a orquestra canaria Domingo, 15 de agosto

    orquesta-venezia-2010-cartel

    Venezia será das primeiras formacións en tocar nas festas de Melide

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque 11.00 h: Desfile polas rúas de xiganets e cabezudos acompañados pola charanga Os Amigos de Visantoña. 11.00 h: II Marcha cicloturista de San Roque, con saída na Praza do Convento (sorteo dunha bicicleta e artigos para o ciclismo). 20.30 h: Actuación na Igrexa Parroquial da Coral Polifónica de Melide. 22.00 h: Teatro do grupo Cacharela coa obra Se o sei non volvo á casa de Manuel Varela Buxán, na Praza do Convento.

    Luns 16 de agosto

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque. 11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Axóuxere de Melide. 11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Visantoña. 13.00 h: Misa solemne na Igrexa Parroquial coa intervención do Coro e Banda da Escola de Música de Visantoña. 14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque. 20.30 h: Actuación na Praza do Convento do grupo polaco Kujawy. 23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Visantoña. 23.30 h: Gran verbena amenizada polas orquestras VENEZIA e Grupo SAMBA.

    Martes 17 de agosto

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque. 11.00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas A Maristela de Sobrado. 11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Valga. 13.00 h: Misa solemne na Capela de San Roque. 14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque. 19.00 h: Música e contos infantís na Praza do Convento con Chimpín Express. 20.30 h: Actuación do grupo de música e baile tradicional Agarimos de Badalona na Praza do Convento. 23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Valga. 23.30 h: Verbena coas orquestras MONTES e MADEIRA.

    Mércores, 18 de agosto

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque. 11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Froito Novo. 11.30 h: Pasarrúas a cargo da Banda de Música de Calo (Teo). 13.00 h: Misa solemne na Capela de San Roque. 14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque. 17.00 h: Día do neno: diversión, xogos e xeados no Pazo de Congresos con múltiples xogos: tirolina, rocódromo, bóla xigante, tiro con arco, labirinto, palmeiras, Chicken Little, tobogán, Harry Potter, vai-vén, táboas de surf, tec. 23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Teo. 23.30 h: Verbena coas orquestras FANIA BLANCO SHOW e GRAN CANARIA.

    Xoves, 19 de agosto

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque. 11.00 h: Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Herba Grileira de Melide. 11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Arca. 12:00 h: Na Praza do Convento, a Asociación de Xogos Populares e Tradicionais (A.G.X.P.T) organiza o IV Campionato de Tirapedras. 14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque. 19:00 h: Concerto didáctico infantil na Praza do Convento Vento Son. 23:00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Múisca de Arca. 23.30 h: Verbena coas orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA. 00.00 h: Concerto folk na Praza das coles con A banda de Balbina.

    Venres, 20 de agosto

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque. 11.00 h: Pasarrúas co grupo de gaitas Os Melidaos 11.30 h: Pasarrúas coa Banda de Música de Lalín. 12.00 h: Xogos Populares nas Prazas do Casco Antigo. 14.00 h: Concerto da Banda no Cantón de San Roque. 19:00 h: Teatro musicado infantil na Praza do Convento con Os tres tenedores. 23.00 h: Concerto na Praza do Convento a cargo da Banda de Música de Lalín. 23.30 h: Verbena coas orquestras GRAN PARADA e TRIUNFO.

    Sábado, 21 de agosto

    10.30 h: Disparo de bombas de palenque. 12.30 h: Pasarrúas con Os Charangos de Neda. 23.30 h: Verbena coas orquestras FÓRMULA e CABARET.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook