Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Semana Grande en Monforte de Lemos

    Monforte de Lemos 2011 - Festas patronais - cartelMonforte de Lemos celebra as festas patronais ata o día 15 de agosto

    A localidade de Monforte de Lemos estará de festas ata o próximo día 15. Ata ese día pasarán polo campo da festa orquestras entre as que destacan: LOS PLAYER'S, ALIANZA, BOHEMIA, POCEIRO, FANTASÍA, SAUDADE 73 e a GRAN CANARIA. A cantante do incio LUCÍA PÉREZ tamén fará unha actuación especial dentro do programa de festas.

    Publicamos o programa completo:

    FESTAS PATRONAIS MONFORTE DE LEMOS 2011 (DO 11 AO 16 DE AGOSTO)
    XOVES 11 DE AGOSTO
    20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS - 2011 na Casa do Concello de Monforte
    21:00 h LANZAMENTO DO FOGUETE de inicio das festas (Campo de Santo Antonio)
    21:00 h  INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA.
    23:00 h CONCERTO dedicado ao escritor monfortino Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, na praza de España. Actuarán Manu Clavijo con poemas musicados de Lois Pereiro e Ondas Martenot coas músicas de Lois.
    VENRES 12 DE AGOSTO
    11:00 h XOGOS INFANTÍS ata as 13:00 no Parque dos Condes .
    11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocando por diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 h xuntáranse na rúa Cardeal cos Cabezudos para o gozo dos máis nenos.
    12:00 h A Banda de Música do Concello de Monforte xuntarase na Praza de España e realizará un pasarrúas cara ao centro da cidade.
    20:00 h XOGOS E ACTIVIDADES INFANTÍS. Na praza de España desenvolverase A XINCANA DO BOSQUE organizada por Trasnadas. Actividade deseñada para rapaces de 4 a 12 anos.
    21:00 h CONCERTO dedicado ao escritor monfortino Lois Pereiro homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, na Praza das Clarisas. Actuarán Manu Clavijo con poemas musicados de Lois Pereiro e Ondas Martenot coas músicas de Lois.
    23:00 h CONCERTO Banda de Música do Concello de Monforte na Praza de España
    23:00 h VERBENA na praza da Compañía coas orquestras LOS PLAYERS e ALIANZA.
    02:00 h CONCERTO dedicado ao escritor monfortino Lois Pereiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2011, na rúa Duquesa de Alba. Actuarán Manu Clavijo con poemas musicados de Lois Pereiro e Ondas Martenot coas músicas de Lois.
    02:00 h Continuación da VERBENA.
    SÁBADO 13 DE AGOSTO
    11:00 h XOGOS INFANTÍS ata as 13:00 no parque dos Condes.
    11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocando por diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 xuntaranse na rúa Cardeal cos Cabezudos para o gozo dos máis nenos.
    12:00 h A Banda de Música do Concello de Monforte xuntarase na praza da Estación onde interpretará unha serie de pezas. A continuación realizará un pasarrúas cara ao centro da cidade.
    18:30 h SESIÓN DE MAXIA INFANTIL na Casa da Cultura co mago arxentino CARLOS ADRIANO
    23:00 h VI FESTIVAL DE MAXIA DE MONFORTE DE LEMOS na praza de España presentado por Carlos Adriano (Arxentina) e no que actuarán Nuel (Valencia), Mago Rafa (Lugo), Mago Teto (Viana do Bolo) e Iván Asenjo (Segovia)
    23:00 h VERBENA na praza da Compañía coa orquestra BOHEMIA.
    00:30 h CONCERTO no campo da Compañía de: TONHITO DE POI
    02:00 h Continuación da VERBENA.
    DOMINGO 14 DE AGOSTO
    11:00 h XOGOS INFANTÍS ata as 13:00 no parque dos Condes.
    11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocando por diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 xuntaranse na rúa Cardeal cos Cabezudos para o gozo dos máis nenos.
    17:30 h MOSTRA DE XOGOS TRADICIONAIS E OBRADOIROS
    Na Casa da Cultura e na praza de España ata as 20:30 h farase un PARQUE DE XOGOS TRADICIONAIS.
    20:30 h PRESENTACIÓN DO LIBRO ”LATEXOS DA TERRA” dos Poetas da Ribeira Sacra no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Monforte.
    22:30 h NOITE MUSICAL na praza de España con RIOBÓ.
    23:00 h VERBENA na praza da Compañía coa orquestra POCEIRO.
    00:30 h CONCERTO no campo da Compañía de LUCÍA PÉREZ, representante de España no Festival de Eurovisión 2011
    02:00 h Continuación da VERBENA coa orquestra POCEIRO.
    LUNS 15 DE AGOSTO
    9:30 h LANZAMENTO DE 21 BOMBAS DE PALENQUE anunciando o día grande das Festas Patronais.
    10:00 h DÍA DA PATROA
    Na praza de Santo Antonio xuntaranse toda as persoas que queiran participar na Homenaxe á Patroa do Val de Lemos, a Virxe de Monserrat. Dende alí acompañarán ás autoridades á igrexa de S. Vicente do Pino
    11:00 h MISA e OFRENDA FLORAL Á VIRXE DE MONSERRAT.
    Misa na honra da Virxe de Monserrat cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos. Á saídaactuará a Banda de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos e Alcalde, autoridades e asistentes ao acto farána Ofrenda Floral á Virxe de Monserrat.
    11:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL Na praza da Estación e ata as 14:00 h desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
    12:30 h CONCERTO da Banda de Gaitas do Concello de Monforte na rúa do Cardeal.
    DÍA DO GAITEIRO
    11:30 h. Sairán dende a praza de España 10 Grupos de Gaiteiros por diferentes rúas da cidade facendo alboradas e rematarán no centro ás 13:00 h
    13:00 h Concentración dos grupos tradicionais no centro urbano de Monforte onde divulgarán as súas músicas ata as 15:00 h.
    19:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL No parque dos Condes desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
    20:00 h PASARRÚAS dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional dende o campo da Compañía ata a praza de España.
    20:30 h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL na praza de España.
    Actuarán os seguintes grupos: Grupo de Gaitas do Concello de Monforte, Escola de Danza Tradicional do Concello de Monforte. Grupos de Cantareiras e Pandeireteiras do Concello de Monforte, Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte, Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia de Santiago
    23:00 h CONCERTO na praza de España da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
    23:00 h NOITE DE ORQUESTRAS. As orquestras SAUDADE 73 e FANTASÍA actuarán na praza da Compañía nunha xornada dedicada ás GRANDES ORQUESTRAS GALEGAS.
    23:30 h BARCAS ENGALANADAS. No malecón do río Cabe farase un percorrido de barcas tradicionais engalanadas
    00:00 h FOGOS ARTIFICIAIS DE AIRE dende o monte de San Vicente
    MARTES DIA 16 DE AGOSTO
    11:00 h XOGOS INFANTÍS: CONCURSO DE PINTURA NO CHAN na rúa do Cardeal ata as 13:00 h.
    11:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL. Na praza de Santo Antonio e ata as 14:00 h desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
    11:30 h Sairán dende a praza de España Grupos de Gaiteiros tocandopor diferentes rúas da cidade. Ás 13:00 h xuntaranse na rúa Cardeal cos Cabezudos para o gozo dos máis nenos.
    19:00 h ESPECTÁCULO INFANTIL. Na praza de Carude desenvolverase A CAIXIÑA DOS MISTOS, actividade para nenos ata 14 anos na que se farán proxeccións de cine infantil.
    20:00 h ESPECTÁCULO DE MAXIA para o público infantil e familiar no parque dos Condes con TONINO IL MAGO
    21:00 h FESTA-BAILE dedicada aos maiores na praza de España co dúo musical MERITXELL e o monfortino José Varela Docampo. O concello encargarase de servir a bebida aos asistentes.
    23:00 h VERBENA na praza da Compañía a cargo da orquestra GRAN CANARIA.
    00:30 h CONCERTO no campo da Compañía de:BANDA CREBINSKY
    2:00 h Continuación da VERBENA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook