Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Julio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Semana Grande en Negreira

    Negreira 2013 - Festas de San Cristovo - cartel

    Espectacular o cartel das festas de Negreira 2013. Durante case toda a semana a festa instálase na localidade coruñesa con música para todos os públicos e un completo cartel de actividades para celebrar o San Cristovo.

    Orquestras e grupos de primeira man como o asturiano ASSIA e a portuguesa FUNÇAO PÚBLIKA con repertorios moi completos e un tanto diferentes ao tradicionalmente esperable nunha verbena, pero tamén formaciuóns da terra como a propia OLYMPUS actuando na casa (e que aproveitará para celebrar unha festa de fans o venres 12), ABANICO, LEDICIA ESPECTÁCULO ou CAPITOL, e concertos como o de ASTAROT (abrindo as festas dentro do programa NEGREIRA ROCK, onde actuarán outros tres grupos -ver cartel-) e a actuación estelar de CARLOS JEAN completan o groso musical destas celebracións amenizadas, tamén pola Banda de Música de Negreira ou a Charanga MEKÁNICA.

    Pero non todo é música, a I Festa Gastronómica do Leite en Galicia (o sábado) con stands de degustación dalgunhas empresas galegas como Feiraco ou a Casa Grande de Xanceda ou o domingo a IX edición da Exaltación Cabalar, exibicións, festas infantís (coa actuación, tamén o domingo, de MAMÁ CABRA) completan o variado programa festivo en Negreira, que fará da localidade o epicentro festeiro da zona ata o vindeiro domingo.

    Negreira 2013 - Festa do Leite - cartel Negreira 2013 - Festas San Cristovo - concerto Carlos Jean - cartelCarlos Jean actúa o sábado 13 en Negreira acompañado de catro DJ no macrofestival Live Experience

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook