Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Julio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Susto en Assia

    O popular grupo ASSIA tivo que cancelar a súa actuación en Perlora (localidade do concejo asturiano de Carreño) por un incidente producido ao inicio do comezo da montaxe do escenario. Segundo comunicaban a pasada tarde desde a formación musical, todo quedou nun gran susto sen consecuencias máis importantes que a suspensión da festa programada para a noite. Non hai que lamentar, afortunadamente, ningún tipo de dano persoal no accidente causado pola mala decisión da organización das festas na ubicación do escenario, o que provocou que a estrutura quedase parcialmente virada. Para aliñala de novo fixo falta a actuación dun guindastre de gran tonelaxe.

    ASSIA, que estiveran actuando a noite anterior en terras galegas, nas festas de Negreira, acompañados pola orquestra portuguesa FUNÇAO PÚBLIKA, continuará co calendario de actuacións fixado ao non ter que lamentar danos no material. Esta noite de sábado estarán actuando nas festas de Luanco.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook