Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Julio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Tabeaio non baixa o nivel

    Carral 2013 - Festas de Santa Isabel en Tabeaio - cartel A localidade de Tabeaio, en Carral, celebra as súas festas patronais como cada ano. Acostumados a un cartel de categoría, este ano non hai sorpresas e mantense o nivel doutras edicións. As orquestras LA BÁMBOLA e ACHÉ, grandes coñecidas polas nosas festas, comparten actuación coas non menos coñecidas procedentes de Canarias EL COMBO DOMINICANO e ARMONÍA SHOW. Ademais, haberá unha orquestra sorpresa para a noite do sábado.

    Fronte a outras festas da contorna onde a churrascada se fai o primeiro día, en Tabeaio a cita gastronómica é o último día, luns, antes da actuación de ARMONÍA SHOW e ACHÉ, que cerrarán a edición de 2013 en Tabeaio cos termómetros disparados.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook