Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Todo Panorama en Ordes

    Unha nova edición da Gala contra o cancro, a terceira, organizada por Espectáculos Lito e como anfitriona a orquestra PANORAMA. Por alí pasaron artistas de diferentes estilos musicais, desde Isabel Pantoja, que interpretou tres temas, un deles non estaba previsto, aínda que de premio levou unha escordadura nun pé producida por unha caída, pasando polo pop máis comercial de Kate Ryan, o rock contundente de Seguridad Social ou a música máis fresca de Sergio Dalma ata chegar á proposta musical de Juan Magán, que estreou coa PANORAMA o seu novo tema en primicia. Nunca antes cantara en directo o seu novo éxito.

    Iremos publicando ao longo desta semana algúns vídeos da III Gala contra o cancro. Comezamos hoxe co popurrí de cancións interpretadas por todos e cada un dos membros da orquestra PANORAMA, desde Jako (batería) a Xurxo Castro (metais) pasando por todos os compoñentes. Incluímos tamén o xa mítico tema de cerre dos Suaves. Debido á duración do popurrí, ofrecémolo en tres vídeos diferentes debido á limitación de YouTube.

    Este é o comezo da nosa contribución visual da Gala, que este ano congregou, a pesar do tempo, a 25.000 persoas. Iremos dando algún detalle da festa segundo vaiamos publicando os vídeos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook