Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Todo un luxo para celebrar os 10 anos: Jerusalén 2012

    orquesta-jerusalen-2012-foto-fichaxesNovas fichaxes para a orquestra Jerusalén

    De luxo, non se pode dicir doutra forma. Porque de luxo é calquera das tres novas fichaxes para a orquestra JERUSALÉN, e non hai mellor forma de preparar o que será a nova temporada 2012 na que se levará a cabo A Xira do 10 Aniversario que fichando a tres profesionais da música como os que chegan para seguir escribindo a historia da JERU.

    Porque a saída de tres profesionais como os que marchan, Sebastián Mato "Sebas" (guitarra), Jorge López Ortiz "Killo" (percusión) e Orlando Fáez (trombón) só se pode cubrir con outros músicos de recoñecido prestixio como son Suso Aboy (guitarra), compoñente de orquestras de primeira liña e actualmente na PONTEVEDRA, Gretchen Pineda (percusión) procedente da GALILEA ou Mandela, músico cunha dilatada carreira profesional a nivel internacional e que inclúe no seu currículo ser galardoado cun Grammy Latino pola súa participación no disco La rumba soy yo e acompañar bandas como CAFÉ QUIJANO. No campo das orquestras foi compoñente de PASSARELA.

    Cun plantel de músicos de primeira, o bo facer da dianteira e todas as sorpresas que xa están en preparación, a nova xira da JERUSALÉN vai ser a mellor forma de celebrar 10 anos enriba do escenario. Coa exitosa xira 2011 De tú a tú a piques de rematar, a dirección da orquestra xa ten postas todas as ilusións e o esforzo na nova temporada. E é que para a JERUSALÉN, 2012 vai ser para celebrar!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook