Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Tres días por todo o alto en Mos

    París de Noia - 2010 - 00001 - Aguiño (Ribeira)As orquestras París de Noia e Marbella cerran o luns as festas de Mos / © Foto: roxegar 2010

    O concello pontevedrés de Mos celebra desde hai unhas horas as súas festas do Cristo da Esperanza. As celebracións durarán tres días e contarase coa actuación de seis grandes orquestras de Espectáculos Lito.

    O cartel é impresionante; seis orquestras de primeira liña para gozar dunhas festas que rematarán o próximo luns. A padronesa CHARLESTON BIG BAND xunto coa GRAN PARADA de Rianxo serán as primeiras en ofrecer os seus repertorios e a estas horas xa deben estar actuando. Para a noite dominical outras dúas orquestras das máis mediáticas e das que máis xente congregan nas súas actuacións: OLYMPUS e PHILADELPHIA. E para o último día outras dúas bandas de primeira liña: MARBELLA e a PARÍS DE NOIA ofrecendo tanto unha como a outra a recta final de actuacións. PARÍS cerra temporada a próxima fin de semana e a pontevedresa MARBELLA farao a fin de mes. En decembro tanto unha como a outra abrirán nova temporada 2011.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook