Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Tres eran tres, en Arteixo

    orquesta-palladium-2010-cartelA orquestra Palladium abre hoxe as festas da Cachada , en Monteagudo (Arteixo)

    O concello de Arteixo ofrece nada menos que tres festas esta fin de semana. Á das Flores, da que podes consultar o programa no blog, hai que lle sumar outras dúas en Monteagudo.

    Porque tanto en Monteagudo coma no lugar da Cachada, que pertence a esa mesma parroquia, hai festas esta fin de semana. En poucos quilómetros tres celebracións con verbenas para escoller.

    ARTEIXO

    PROGRAMA DE VERBENAS (O resto da programación podes consultala na entrada específica de Festa a Festa)

    DÍA 28.- Orquestra LOS ESPAÑOLES

    DÍA 29.- Orquestra ODEÓN e grupo TROCO

    DÍA 30.- Grupo AMÉRICA S.L.

    MONTEAGUDO - ARTEIXO

    DÍA 28.- Sardiñada gratuíta e actuación da orquestra CIBELES

    DÍA 29.- Orquestra CENIZA

    DÍA 30.- Grupo CARMEN

    A CACHADA - MONTEAGUDO - ARTEIXO

    DÍA 28 .- Sardiñada gratuíta e actuación da orquestra PALLADIUM

    DÍA 29.- Actuación da orquestra CIBELES e gran sesión pirotécnica

    Así a orquestra CIBELES actuará dous días seguidos na mesma parroquia, aínda que en lugares diferentes. Unha semana todo, outra semana nada, así che é a cousa das festas...

    orquestra-cibeles-cartel-2009A orquestra Cibeles actúa en Monteagudo e a Cachada (Monteagudo) venres e sábado

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook