Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Triángulo festeiro na comarca coruñesa

    Abegondo 2011 - Festa dos mozos - cartelEsta noite ten lugar a Festa dos Mozos en Abegondo, ao lado do pavillón municipal

    Esta noite son tres as propostas festeiras na comarca coruñesa con formacións musicais de primeiro nivel. O melloriño en orquestras das tres axencias máis importantes de espectáculos en Galicia actúan hoxe relativamente cerca unhas das outras.

    A PANORAMA de Espectáculos Lito estará no Burgo (Culleredo) nunha gala benéfica da que informamos hoxe en Festa a Festa. A poucos quilómetros de alí, a bandeira de Sito Mariño Espectáculos, a orquestra LOS SATÉLITES, actúa na Festa de Entroido anual de Oleiros, na polideportiva da Rabadeira. Para rematar, dúas orquestras de primeira liña de Alfa3 Producciones, FUNÇAO PÚBLIKA desde Portugal e LEDICIA ESPECTÁCULO desde Ourense, serán as encargadas da Festa dos Mozos 2011 en Abegondo. Un triángulo festeiro que fai difícil a elección para esta noite.

    Oleiros 2011 - Entroido - cartelLos Satélites actúan no pavillón A Rabadeira de Oleiros na Festa de Entroido 2011

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook