Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Triple programación festeira en Santiago

    Orquesta Panorama - 2011 - 004 - Festa de Fans - Caldas de ReisA orquestra Panorama cerra co grupo Samba as festas do Castiñeiriño o próximo luns / © Foto: roxegar 2011

    A Gracia, Fontiñas e O Castiñeiriño celebran esta fin de semana as súas festas anuais.

    O barrio de Fontiñas, presidido polo centro comercial Área Central, en Santiago de Compostela, é o primeiro en empezar as festas esta fin de semana. Cinco grupos e unha orquestra das máis mediáticas para poñer o broche final o domingo compoñen o cartel musical das populares festas do barrio compostelán. O renovado grupo TRIUNFO acompañado do tamén renovado grupo LIMÓN, serán as primeiras formacións musicais en amenizar as festas 2011. Para o sábado o grupo ESTRELLA acompañado de CICLÓN, que volven actuar na casa despois de tocar a fin de semana pasada nas festas da Ascensión celebrando o V aniversario da popular banda, serán os responsables do segundo día de verbenas. E para cerrar a edición deste ano, como diciamos, será a orquestra ACHÉ, unha das que máis seguidores arrastran na actualidade, a que actuará en Fontiñas.

    Orquesta Aché 2010Aché cerra o domingo as festas en Fontiñas

    O sábado será un día de decisións para os festeiros composteláns, pois á parte de en Fontiñas, tamén haberá festa no barrio da Gracia, nas inmediacións do polígono do Tambre. As celebracións do Santo Antón traen a música da orquestra TV NORDÉS.

    Orquestra TV Nordés 2011 - cartelNova imaxe para a orquestra TV Nordés, que actuará o sábado no barrio da Gracia, en Santiago de Compostela

    E aínda hai máis, no Castiñeiriño tamén comezan o sábado as celebracións. Unha zona que en poucos anos pasou de ser un das máis rurais a ofrecer novas urbanizacións; o barrio celebra un ano máis o Santo Antón competindo con Fontiñas e A Gracia. As orquestras ALARMA e ALASKA, esta última formada na súa maior parte por mulleres, tocarán o primeiro día de festas. TROLE e GLAMOUR serán as formacións do segundo día de verbenas, e para rematar por todo o alto o grupo SAMBA acompañado da orquestra PANORAMA, deixarán o listón ben alto para o próximo ano.

    Non será que esta fin de semana non hai propostas verbeneiras para escoller en Santiago. Pois aínda hai que sumar outra, na comarca. En Bando tamén teñen dous días festivos, o grupo SOPRANO acompañado da orquestra VENEZIA actuarán o sábado. E o domingo despedirá as festas a orquestra MADEIRA.

    Madeira 2011 - orquesta - cartelA orquestra Madeira cerra o domingo as festas en Bando

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook