Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un dos mellores carteis festeiros: Coia 2011

    Vigo 2011 - Festas da Consolación en Coia - cartel

    Non están todas as que son, nin moito menos, pero si son todas as que están; falamos de orquestras de primeira liña como todas e cada unha das que actuarán durante cinco días nas popularísimas e concorridas festas do barrio vigués de Coia, que acaban de empezar.

    Aínda que no recinto feiral deste ano non está instalada a noria que aparece no cartel, a máis alta das norias itinerantes, si hai algunhas atraccións interesantes para os maiores á parte dunha inmensa fileira de "cacharriños" para os máis pequenos. Incluso se repiten algunhas como os coches de choque infantís ou o scalextric. Para os adultos, o máis destacable é a presenza da atracción denominada Ratón Vacilón, unha montaña rusa que só se pode ver en Galicia en contadas ocasións.

    No apartado de orquestras, como diciamos todas elas son de primeiro nivel e dez serán as formacións que pasen por Vigo durante estes cinco días de festa: PARÍS DE NOIA e CINEMA foron as encargadas de abrir hoxe as festas.

    O sábado as incombustibles CHARLESTON BIG BAND e GRAN PARADA amenizarán a noite verbeneira; ambas formacións acaban de facer cambios nos escenarios, a primeira renovando o material que resultou danado na desmontaxe do palco hai unhas semanas, e a segunda ampliando a superficie para poder traballar mellor e ofrecer un espectáculo máis vistoso.

    A xornada do domingo traerá a música doutras dúas grandes: PHILADELPHIA e a pontevedresa MARBELLA levarán os seus renovados repertorios ao campo da festa. Tamén no caso destas dúas formacións hai cambios no escenario.

    O luns chegan outras dúas orquestras ben consideradas: OLYMPUS, Aún más grande, e a renovada SINTONÍA DE VIGO. No caso da primeira o repertorio e o escenario xa foron presentados hai unhas semanas e chegan a Vigo (por certo, terra que visitan menos do que os festeiros quererían) co novo e impresionante espectáculo. No caso da segunda temos que falar de renovación no repertorio, pois o que é o cadro de músicos da orquestra é o mesmo que en 2010. Pero a SINTONÍA DE VIGO este ano é lixeiramente distinta: no segundo pase hai un apartado dirixido especialmente á xente nova. Aqueles que dicían que a SINTONÍA non era unha orquestra para os mozos verán que a formación leva tamén a súa calidade musical a temas de máxima actualidade para a mocidade.

    E para rematar o martes nada mellor que o espectáculo Planet Tour 2011 da orquestra PANORAMA e a nova xira de EL COMBO DOMINICANO.

    Xa avisamos no título de que o cartel de Coia é simplemente dos mellores. Agora toca gozar da festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook