Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un escenario sen músicos non vale nada

    Orquesta Canadá 2012 - Accidente escenario O escenario da orquestra Canadá sufriu un accidente en plena montaxe, o que imposibilitou o seu uso para as festas de Loureda (Arteixo)

    É o consolo que nos queda. Os ferros, ferros son, e aínda que un escenario é un investimento e a imaxe e medio de traballo dunha orquestra, cando ocorre algo no palco o que hai que agradecer é que, coma neste caso, non haxa que lamentar danos humanos.

    E a festa segue, sempre segue. Os amigos da orquestra CANADÁ, lonxe de suspender a súa cita cos veciños de Loureda, en Arteixo, puideron contar co escenario da orquestra que actuara alí o día anterior, a coruñesa SUPER STAR, cando aconteceu o fatal suceso. O escenario da formación musical envorcaba cando procedían a montalo e os danos materiais parece que son cuantiosos. Un martes para esquecer nas vidas dos compoñentes da banda.

    Este ano imos servidos en canto a este tipo de accidentes. Os dous últimos, nos que non houbo que lamentar tampouco danos humanos, acontecían hai pouco. O día de Santo Adrián, en Malpica, cedía o teito do escenario de FILADELFIA en plena montaxe. Poucos días despois derrubábase a plataforma de CICLÓN onde se montan os instrumentos e os músicos para baixar na presentación, e isto ocorría antes de comezar a actuar. Esperemos que o de CANADÁ sexa o último destes sucesos que complican o traballo das orquestras e poñen en risco a vida de montadores e músicos.

    Desde Festa a Festa moito ánimo para toda a orquestra CANADÁ e oxalá que moi pronto se recuperen do susto e poidan traballar con normalidade.

    Canadá 2012 - orquesta - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook