Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un espectacular accidente escribe o peor día da orquestra Super Star

    orquesta-super-star-2011-incendio-escenario-la-voz-de-galiciaEstado no que quedou o tráiler escenario da orquestra coruñesa Super Star / Foto Paco Rodríguez (La Voz de Galicia)

    A orquestra coruñesa SUPER STAR vive hoxe o peor día da súa historia. Ás 8.30 da mañá na autovía AG-56 á altura de Brión o condutor do tráiler escenario perdía o control do vehículo e este batía contra a mediana para envorcar e posteriormente incendiarse. O tráiler e material que levaba (estreado hai só tres temporadas) quedou totalmente inservible.

    O máis importante é que non hai que lamentar vítimas. O chófer puido saír polo seu propio pé aínda que non deu tempo a salvar nada do camión. O accidente obrigou a cortar durante horas 300 metros do tramo da autovía en dirección Santiago e estaba previsto que a plataforma sinistrada fose retirada por un guindastre de grandes dimensións dadas as medidas do escenario.

    A orquestra SUPER STAR tiña que actuar hoxe nas festas da Xunqueira, en Cee, en sesión vermú e noite. Non sabemos como vai afrontar a formación musical esta data e as próximas, en Cantabria e Asturias, o mércores no barrio dos Mallos (A Coruña), na casa como quen di, e o sábado nas festas do Carme dos Pincheiros (A Pobra do Caramiñal), entre outras actuacións.

    En plena temporada alta, na semana de máis volume de traballo, SUPER STAR afronta a maior dificultade que pode ter unha orquestra en canto a medios materiais. Desde Festa a Festa todo o noso apoio, ánimo e forza, a unha formación que, ademais, é do mesmo barrio ca un servidor e dentro duns días terían que actuar para os seus veciños.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook