Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un lacón con grelos de interese turístico

    Cuntis 2011 - Festa do lacón con grelos - cartel do VespalacónUn ano máis o Vespalacón será un dos actos máis importantes da Festa do lacón con grelos de Cuntis

    O concello pontevedrés de Cuntis celebrará mañá día 13 a XIV Festa do Lacón con Grelos, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Os actos comezarán ás 11.30 horas, coa actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis. Ás 12.00 horas, apertura das mostras: "A camelia no lacón con grelos", "Cuntis, canteira de deportistas", "Así xogaban: enredos, xogos e xoguetes para recordar", "Un percorrido pola historia do noso lacón con grelos" e "Cerámica de Castrolandín". A esa hora tamén se abrirá a Feira de Artesanía e Produtos Agroalimentarios, e terá lugar o III Vespalacón. Ás 12.30 horas, mostra de entroido tradicional, coas madamas e galáns do Antroido de Cobres. Ás 13.30 horas, actuación de Cantata Vernácula, con Suso Vaamonde e Xoán Porto. Ás 14.00 horas, xantar popular.

    Pola tarde, ás 16.00 horas, actuación musical do grupo Turre's Band, apertura dos obradoiros de artesanía (palilleiras, cestaría, tear, olaría, etc.) e da carpa dos nenos (con obradoiros variados para todas as idades).

    As 19.00 horas, comezará o Velorio do Chapante, que terá o seu enterro ás 19.30 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook