Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un macrofestival consolidado: imaxes do evento de Lugonorte

    Macrofestival de Orquestras Lugonorte 2012A orquestra Stereo foi unha das cinco formacións que amenizou o macrofestival anual co que Lugonorte de Espectáculos dá o pistoletazo de saída da temporada

    A cita en Lugo cada primavera xusto antes do comezo da temporada, ou se se quere abrindo edición cada ano, está máis que consolidada. Cada cita anual congrega a máis público e de todas as idades para pasar unha noite de festa da man dalgunhas das orquestras de Lugonorte de Espectáculos, axencia que traballa por ofrecer bos e moi variados espectáculos de verbena. Esta vez as orquestras convidadas foron: COSTA DORADA, TROPICANA LEÓN, BREIXA BAND, ACORDES e STEREO MUSIC SHOW.

    Se en 2011 alí estivemos, desta volta non puido ser por motivos laborais. De todas formas temos material para publicar grazas á dirección da citada axencia que, moi amablemente, nos enviou unha boa mostra fotográfica para que quede constancia en Festa a Festa dunha das citas máis importantes do ano.

    E o ano que vén máis, pero de momento imos gozar dunha longa temporada festeira que xa comeza.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook