Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un novo accidente na verbena galega

    orquesta-ledicia-espectaculo-2011-foto-accidente

    O tráiler escenario da orquestra Ledicia envorcou en Sandiás e no accidente resultaron feridas dúas persoas / Foto: Faro de Vigo

    A mañá deste domingo 28 non será ben recordada polos compoñentes da orquestra ourensa LEDICIA ESPECTÁCULO. Se hai un par de semanas informábamos do accidente do tráiler da orquestra coruñesa SUPER STAR, hoxe tócalle á LEDICIA, aínda que parece que os danos non son tan cuantiosos como os da coruñesa, onde se perdera absolutamente todo o material incluído o vestiario dos cantantes e músicos.

    Pero se no anterior accidente non había que falar de feridos, neste caso, lamentablemente, hai que dicir que houbo dúas persoas que resultaron con danos de diversa consideración. En canto ao alcance no material da orquestra, estase á espera de que os peritos avalíen os danos aínda que os compoñentes non puideron actuar cos seus instrumentos.

    O accidente provocou o corte durante algún tempo da A-52 entre os quilómetros 193 (Xinzo de Limia) e 202 (Sandiás). Un guindastre de grandes dimensións traballou para sacar da estrada o tráiler accidentado.

    O percance non impediu, iso si, que a LEDICIA actuase nas festas de Carballedo. A orquestra ourensá compartiu escenario e material coa MARIMBA para poder sacar adiante a actuación programada.

    Lamentamos ter que dar estas noticias nunha temporada na que parecen excesivos os accidentes cos tráilers das orquestras. Agora o principal é que os feridos se recuperen canto antes e a orquestra volva á normalidade o máis rápido posible.

    Desde Festa a Festa moito ánimo e forza para todos os compoñentes de LEDICIA ESPECTÁCULO.

    Orquesta Ledicia Espectáculo 2011 - cartelCartel promocional da orquestra Ledicia Espectáculo 2011

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook