Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un novo xeito de facer festa na Coruña: Novomesoifest 2013

    A Coruña 2013 - Festas de Novo Mesoiro - cartel

    Un dos barrios máis novos da Coruña estará de festas esta fin de semana. E non serán unhas festas calquera. Imponse na cidade herculina un novo xeito de organizar festas para todos os públicos: NOVOMESOIFEST 2013.

    Se este barrio celebraba as súas festas, nas primeiras edicións, no mes de xuño, cadrando cunha diferencia de semanas coas dos Rosales, a organización decidiu trasladalas a estas datas, e parece que o cambio non foi para mal. Novomesoiro ofrece unhas festas un tanto diferentes, nas que prima a variedade musical sen esquecer, tampouco, as raíces das festas populares en Galicia: as orquestras.

    A formación musical orquestreira, en singular xa que só haberá unha verbena popular, encargada de amenizar o baile do sábado será a padronesa CHARLESTON BIG BAND, aínda que non será a única proposta musical. DE OTRA FORMA encargaranse da última sesión vermú o domingo, mentres que o venres será o día dedicado aos concertos con varias propostas de nivel, desde BAOKAS 46 ata O'FUNK'ILLO. Polo escenario de Novomesoiro pasarán JACOBO PAZ & DOS MUNDOS, TREGUA, LOS FRIK&PALDIS ou o ex M-CLAN Santi Campillo.

    Un novo xeito de organizar unhas festas. Verase esta fin de semana na Coruña.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook