Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha Ascensión de sete días en Compostela

    Santiago de Compostela - 2010 - Festas da Ascensión - cartel Cartel promocional das Festas da Ascensión 2010 en Santiago de Compostela

    As festas da Ascensión 2010 comezan hoxe en Compostela. O programa deste ano estírase ata os 7 días (normalmente as festas pequenas de Santiago duran ao redor de cinco días) e, malia o recorte de presuposto, o cartel é moi atractivo, proba de que non todo é ter cartos para organizar uns bos festexos.

    O programa de orquestras é moi variado, e así pasarán pola Alameda formacións orquestrais diversas: PARÍS DE NOIA, LOS PLAYER'S, ALARMA, GALILEA ou o grupo ALCOTÁN.

    E o resto de actividades son tamén moi variadas. En Festa a Festa iremos publicando cada día o programa compostelán que, en pleno ano Xacobeo, constitúe un grande esforzo por elaborar con menos cartos ca noutras edicións, un cartel verdadeiramente interesante e variado e que inclúe desde as atraccións de feira na Alameda ata concertos no Campus Sur, deportes, volta ciclista...

    santiago-de-compostela-ascension-2010-programa-i

    orquesta-paris-de-noia-2010-cartelA orquestra París de Noia abre as verbenas na Alameda dentro do programa das Festas da Ascensión 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook