Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha charla para adolescentes

    Orquesta Panorama 2010 - Maythe Leiva 07

    A vocalista do grupo D'Moda, Maythe Leiva, ofrecerá unha charla para os alumnos do IES de Valga / © Foto: roxegar 2010

    A cantante Maythe Leiva, vocalista do grupo D'MODA, estará mañá venres entre pupitres. Non é que se vaia a dedicar a estudar nada, é ela quen vai dar unha charla ante os alumnos do IES de Valga; e é que moitas veces este tipo de actividades son tan produtivas como unha clase maxistral e, desde logo, máis amenas.

    Maythe falará da súa experiencia como artista, do duro que hai que traballar para chegar ás metas que un se marca, ao que hai que renunciar e deixar polo camiño, etc. Tamén dará unha breve clase de canto e compartirá as súas experiencias co alumnado de Valga. Sen dúbida que terá moito que lles contar aos rapaces quen formou parte de grupos como LA DÉCADA PRODIGIOSA ou de orquestras como PANORAMA. Hoxe en D'MODA, a artista falará cos adolescentes na casa, coma quen di, e os rapaces non van desaproveitar a ocasión.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook