Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha das mellores citas co mundo medieval: Festa da Istoria en Ribadavia

    Rivadavia 2012 - Festa da Istoria - fotoÉ sen dúbida unha das citas máis importantes coas festas desta temática en Galicia. Porque se ben hai moitas festas e feiras medievais como A Coruña, Noia, Padrón, Baiona e un longo etcétera, quizais unha das máis importantes por afluencia de público e por número de actividades é a de Ribadavia. Nesta localidade ourensá, a Festa da Istoria aglutina en só dous días un cartel impresionante de actividades moi diversas: animación musical, mercado, circo, baile medieval, xadrez humano, múltiples actividades infantís no Recuncho Infantil, teatro, carreira de pipotes, festival folk, voda xudía, tiro con arco e moitas máis actividades. Sen dúbida unha boa oportunidade de visitar Rivadavia nunha das súas citas festeiras máis importantes.

    PROGRAMA COMPLETO FESTA DA ISTORIA 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook