Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha das romarías con máis tradición en Foz

    Master 2011 - grupo - cartelO grupo Master xunto coa orquestra Estrellamar será o encargado de amenizar a segunda xornada de festa en Forxán (Foz) na tradicional romaría do Bispo Santo

    A romaría do Bispo Santo xa está aquí, esta edición cadrou máis tarde que as pasadas e trae algún recorte en canto a días de festa. Se o ano pasado eran catro xornadas festivas, este ano serán tres, tamén é certo que na pasada edición se aproveitou que o luns 17 de maio era festivo (Día das Letras).

    Celébrase esta fin de semana longa unha das romarías con máis tradición da mariña lucense: O Bispo Santo de Foz, na parroquia de Forxán, congrega a milleiros de romeiros e festeiros durante toda a fin de semana.

    A festa comezou hai unhas horas e remata o domingo pola noite coa última verbena. É unha das citas que máis público reúne en toda a comarca. Familias e grupos de amigos trasládanse cos seus utensilios de campo para divertirse, comer e cantar nas cantinas colocadas no monte do Santo. Xunto coas cantinas instaláronse tamén estes días os chiringuitos e atraccións de feira para a celebración da romaría.

    O programa musical é moi parecido á anterior edición, pois incluso repiten dous grupos musicais, MASTER e OCÉANO.

    A primeira xornada, que se está a desenvolver, trae a música do grupo ATENAS e da orquestra PALLADIUM. Para a noite do sábado contarase coa presenza do grupo MASTER e da orquestra ESTRELAMAR, e para rematar o domingo, o grupo OCÉANO.

    Se o tempo o permite, o Bispo Santo escribirá estes días unha nova edición da súa romaría con éxito.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook