Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha de bombeiros con Aché

    Orquesta Aché 2011 - cartel gravación videoclip

    Curiosa e divertida iniciativa da orquestra ACHÉ xunto cos seus seguidores. Chegou o día no que os integrantes da banda de Vilanova de Arousa farán partícipes aos fans que se acheguen a Valga da gravación do vídeo para o tema El bombero.

    Aínda que a canción bandeira da temporada pasada de ACHÉ foi Celebra la vida (á que tamén lle fixeron un vídeo gravado en Cambados), o tema El bombero non resultou menos exitoso; de tal maneira que a orquestra decidiu facer un vídeo do popular tema que seguirá este ano pegando forte, e non só no repertorio desta formación musical. Para esta ocasión faise partícipes aos seguidores da afamada orquestra que queiran sair no videoclip; un xesto máis de agradecemento co público que fai de ACHÉ unha das formacións que máis coida ao seu público.

    E se queres saír en primeira fila, só tes que ir disfrazado de bombeiro/a e con moitas ganas de pasalo ben. A partir das 22.30 na discoteca Chanteclair de Valga pode, sen problemas, subir a temperatura porque haberá bombeiros de sobra para intervir en caso necesario.

    ___________________________________________________________

    Para unha mellor organización do evento, a dirección da orquestra solicita que aqueles interesados en asistir á gravación envíen unha mensaxe co nome completo ao seguinte enderezo electrónico: videoclipbombero@hotmail.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook