Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha festa máis curta

    Ismael 2011 - orquesta - cartelA orquestra Ismael cerra en Dena as festas de San Xosé acompañada por Marimba

    Esta fin de semana celébrase o San Xosé en moitas parroquias galegas. Unha delas é Dena, no concello pontevedrés de Meaño, aínda que esta edición será máis curta.

    En Dena pásase de celebrar as festas durante tres días a facelo en dous; e de seis orquestras, pásase a catro; e á parte da redución no número de días de festa, as verbenas non proceden todas da mesma oficina de contratación.

    Catro serán as orquestras que actúen en Dena o venres e o sábado: AMÉRICA e LEDICIA ESPECTÁCULO serán as primeiras en facelo, e para o cerre das celebracións: MARIMBA e a renovada orquestra ISMAEL.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook