Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha orquestra de película

    orquesta-hollywood-2010-cartel-pequeno

    Cartel da orquestra Hollywood para a temporada 2010

    Non é un tráiler cos títulos de máis éxito en Hollywood, aínda que o poida parecer. O cartel que estamos a ver é o novo afiche para 2010 da orquestra cántabra que leva o mesmo nome e que estes días está por Galicia para amenizar tres festas.

    Con Alfonso Blanco liderando a banda, responsable e voz masculina principal desde hai xa nove anos, a orquestra HOLLYWOOD presenta todo un espectáculo audiovisual no que prima a posta en escena e un completo repertorio que toca todos os estilos musicais. En Lugo (Matodoso e Santo Matías sábado e domingo) estes días temos unha oportunidade para ver esta orquestra cántabra que repetirá actuación a vindeira fin de semana.

    Nesta formación musical, composta por unha ducia de profesionais, tamén podemos atopar un músico gran coñecido dos escenarios verbeneiros galegos. Trátase do asturiano J. D. Yera, ex compoñente da orquestra TVG (hoxe TV NORDÉS) e OLYMPUS hai tres temporadas. Todos os compoñentes de HOLLYWOOD son grandes profesionais da música e a maioría deles veñen doutras orquestras cántabras e asturianas.

    De seguro que no verán a orquestra, que traballa na súa comunidade pero tamén no País Vasco, Castela e León e Asturias, principalmente, terá novas datas en Galicia, sobre todo na parte luguesa que toca co Principado.

    Para ver algo diferente e gozar dun novo concepto de verbena podemos contar estes días coa orquestra HOLLYWOOD, unha orquestra de película.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook